24 h de ciencia ao día no Ártico

0
6838

Creo que o comezo desta campaña científica no Ártico foi das peores técnicamente falando. Esta campaña está centrada no estudio ecofisiolóxico das plantas invasoras versus as plantas nativas do Alto Ártico no marco do cambio climático nas Illas Svalbard (78ºN, Noruega) financiado principalmente polo Fondo de Protección Medioambiental das Ilas Svalbard (Noruega). O equipo conformámolo 7 persoas incluíndo o noso colega botánico Stein-Rune do Instituo Noruego do Norte. Cada un de nós cubre coa súa experiencia diferentes tarefas e especialidades na campaña, así foi diseñado nun principio o proxecto, incluíndo tamén a divulgación nos medios de comunicación coma este artigo na Voz de Galicia. Agora ben comezamos ca cruda realidade: o noso colega Stein-Rune leva unha mala temporada, na primaveira avisounos que estaba tendo pérdidas de visión nun ollo co cal poderia complicar a identificación e localización na tundra ártica das especies que necesitamos e por outra porque tamén tiña que protexernos contra os osos polares.

Chegamos a Longyearbyen, a caixa co material de laboratorio que enviaramos un mes antes dende Palma aínda non chegara, o noso colega botánico noruego non se podía incorporar ao principio da campaña por problemas familiares e aínda por riba eu comentín un erro cos equipos que utilizamos para medir a fotosíntese que quedaron inutilizados ata novo aviso. Así que ahí estábamos dous mallorquíns, dous vascos, unha murciana e un galego (isto parece un chiste) sen equipos e sen plantas para medir. Moi ben, moi ben.

Ao segundo día de chegar tiña que dar unha charla no Centro Universitario, e sí, é a universidade máis ao norte do mundo. Para que vos fagades unha idea, esta facultade parece diseñada polos donos de Ikea, todo en madeira estilo escandinavo, onde os zapatos deixánse na porta (herdanza dunha cidade mineira), así que todo o mundo no centro andaba con calcetíns gordos de colores coma se aquelo fora a aldea de David O Gnomo. Afortunadamente, no centro os colegas da facultade botáronnos un cabo e deixaronnos material para poñer os nosos equipos de novo operativos. Stein-Rune dende Tromso comezou a mandarnos mapas cas coordenadas GPS, repartidas entre os vales glaciares ao redor de Longyearbyen e máis na cidade mineira rusa de Barentsburg, ao leste do mesmo fiordo. A cuestión é que moitos deles eran bastante vellos, aínda que marcaban que a maior parte de invasoras que entraron nas Svalbard polo turismo (semillas na roupa e nas botas) e sobretodo polas granxas de animais polos pastos para alimentalos.

Das tan só 180 especies de plantas superiores das Svalbard, somentes nos pobos máis grandes pode haber máis de 30 especies alóctonas. E aquí ven a preocupación xeralizada: os ecosistemas dos polos mantivéronse a salvo de especies invasoras porque básicamente son desertos fríos e secos con suelos moi pobres e reducida actividade humana.

 

Aquí non se pode cultivar nada, todo hai que traelo de fóra, se vas ao supermercado (deixas o rifle nun armero xa que non podes entrar con él), mirade os precios dos produtos: polo a 20 €/kg, 1 pemento morrón 3 euros, aguacate 12€/kg e unha botelliña de auga glaciar uns 40€. A comida nos desertos non é fácil de conseguir, e claro hai que pagala, os osos polares tampouco o teñen fácil neste lugar extremo, de feito as rúas de Longyearbyen vense unha especie de containers de ferro que parecen tanques/búnkers cunhas escotillas con diferentes nomes. Esto non é outra cousa que cubos de basura anti-osos!

Cos mapas da zona e a posición GPS das especies obxectivo, os compañeiros do País Vasco Beatriz Fernández-Marín e Nacho García-Plazaola, e máis María José Clemente e Javier Gulías pola nosa universidade balear, sacando brillo dos seus coñecementos botánicos e a turnos Jaume e máis eu de acompañantes con rifles de vixía-osos fixemos que a cousa comezara a rodar.

Localizamos e identificamos as especies nativas máis representativas da flora ártica, coma a Saxifraga oppositifolia, a pranta que florece máis ao norte do mundo e que chega ata 83ºN!. Pateamos os poblados, a tundra, morrenas glaciares abaixo e arriba, as zonas pantanosas do comezo dos fiordos e tamén as bases dos glaciares; nesta zona con moito ollo xa que dixéronnos que agora os osos polares (están esfameados porque o xeo da banquisa derrítese tres semanas antes e non poden comer alí focas) aprenderon a que os glaciares son un bo sitios de caza, xa que alí aínda quedan moitos témpanos de xeo que as focas prefiren para descansar.

Saxifraga oppositifolia, a pranta que frorece máis ao norte do mundo.

Dada as condicións extremas de temperatura, sequía e escasez de nutrintes a vexetación nativa non é moi productiva que digamos. Arrimámonos a un establo de cabalos que había cara o aeroporto que nos indicaran que era un punto quente de especies foráneas, efectivamente, alí había un crecemento de vexetación exuberante en comparación co entorno normal (herbas de 30 cm), pasounos o mesmo no enclave ruso de Barentsburg, un pobo mineiro de diseño soviético con casas e edificios industriais medio derruidos cheos de ferros oxidados ao aire, ao lado da granxa das vacas apareceron especies de Ranunculus e Alchemilla da familia das Rosáceas de máis de 50 cm de altura!; todo un exceso de exuberancia para o alto Ártico grazas os excrementos dos animais! De feito, cando comezamos a mandar as fotos das plantas aos nosos colegas botánicos noruegos ficaron ben pampos polo tamaño das mesmas, e mais por outra especie que atopamos que non souberon recoñecer, poderia ser que lle demos a mala noticia que outra nova especie alóctona chegou ao arquipélago.

As plantas alóctonas que parecen máis perigosas agora mesmo son as herbas (gramíneas) como a Poa annua que tamén medimos fai 5 meses na Antártida e xa está por todo o planeta. En calqueira caso, é probable que ca subida da temperatura e unha maior actividade microbiana no chan favoreza a mobilización de nutrintes, as plantas alóctonas poidan expandirse en maior medida cambiando as comunidades vexetais. Ademáis, foron quen de adaptarse a un sol continúo, 24 h de luz continua ao día durante 3 meses ao ano fotosintetizando sen parar e nós detrás delas para seguirlles ao ritmo. A campaña ártica remata hoxe mesmo, domingo 30 de Xullo 2017, voltamos para a casa con moitos datos para analizar e discutir, e moitas preguntas sobre as plantas do Ártico. Finalmente, conseguimos medir 32 especies (15% especies totales das Svalbard), 9 delas alóctonas e outras 9 nativas onde tentamos profundizar a súa resposta ao calentamento climático. Ademáis, en menos de 5 meses medimos as plantas que viven nos dous polos, desertos xélidos e secos: a Antártida e o Ártico, que nos poden explicar cómo sobrevivir a ambientes extremos; e nós xa podemos confirmar que somos bipolares (algúns poderian pensar efecto do sistema científico español nos seus súbditos), pero neste caso refírome xeográficamente falando. E non o dubiden, cada vez resulta máis importante a ciencia dende os niveles locales para entender este mundo global e viceversa.

Compartir
Artículo anteriorBaixo o Sol de Medianoite
Artículo siguienteDocumental «Alien plants looking for warmed poles»
Desde pequeño siempre fui aficionado a la naturaleza, pasando mis tardes metiendome por donde pudiera en medio del monte y la playa. Así que mi afición traté de hacerla en serio y acabé la carrera de Biología en el año 2003. En la actualidad, estoy realizando la tesis doctoral en el lab. de Biotecnología Vegetal de la Universidad de Vigo. Desde hace tres años presido AXENA, mi trabajo en la asociación está centrado en la coordinación de las diferentes disciplinas que conforman nuestros proyectos, su gestión y claro está, en el área de naturaleza.

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here