Baixo o Sol de Medianoite

Chegamos ao noso destino no Ártico, Longyearbyen, o pobo máis ao norte do mundo.

0
3358

00.00 am no fiordo de Adventalen. Foto: Jaume Flexas

Eran as 20.15 pm estábamos nun Boeing 787 Dreamliner chegando a Longyearbyen (Illas Svalbard, Noruega, 78ºN no Alto Ártico), e o piloto fálanos pola megafonía: -Señores pasaxeiros por primeira vez na historia das illas Svalbard vai aterrizar aquí un Boeing 787-9! (un avión un 50% máis grande que os avión que realizan esta ruta e duplica o número habitual de pasaxeiros). Comezaba a campaña Ártica e imos contalo polo blog así como tamén nunha serie de crónicas na Voz de Galicia (II). Este avión é tan grande que poderia levar a décima parte de toda o capital (son pouco máis de 2.000 persoas), o acontecemento tivo que ser bastante histórico porque cando baixabamos do avión os traballadores do aeroporto e uns cantos espectadores estaban cámara en man grabando o acontecemento; baixando pola escada do avión Jaume e máis eu sentímonos coma da realeza en viaxe oficial.

Primeiro aterrizaje dun Boeing 787 nas illas Svalbard (Longyearbyen, Noruega). Foto: Xurxo Gago.

Chegamos ata a porta da casa que vai a ser a nosa estación base no Ártico, timbramos e non había ninguén. Chamamos ao caseiro (que estaba avisado que chegariamos desa hora), repetidas veces, ata que tras unha hora esperando, chamounos de volta: que non había ningún problema que nos instalaramos e se tiñamos algunha dúbida lle chamaramos de novo, ao cal lle respondimos que todo moi ben pero que necesitariamos as chaves… -escoitamos unhas risas dende o outro lado do teléfono- o home respondeunos que non sabía onde tiña as chaves da casa, que a porta sempre estaba aberta e que estabamos é Longyearbyen… – e máis risas- .

Una de las minas abandonadas en el valle glaciar de Longyearbyen, encaramada en laderas casi verticales a más de 200 m de altura. Foto: Xurxo Gago.

Este é un pobo instalado ao fondo dunha morrena glaciar a orillas do fiordo Isfjorden, a súa adicación histórica foi á minería de carbón, e como tal a verdade e que non é moi bonito, o que sí é impresionante do lugar son as minas e as estructuras industrias abandoadas que se atopan en cantís de montes de 400 m de altura que pechan o val. Eran as 23 pm e decidimos darnos unha volta pola zona para comezar a recoñecela. Moitos pensaredes que poderiamos ver a esas horas da noite, pero é que nestas latitudes dende maio ata agosto non se pon o sol, hai luz continua durante 98 días seguidos, tanto é así que foi a primeira vez na miña vida que ás doce da noite co sol que facía tiven que botarme protector solar; e para redondear as sensacións nese momento un macho de reno pastaba nas herbas ao redor das casas, a verdade é que a situación recordábame á clásica escena da serie Doutor en Alaska.

Reno pastando plácidamente en Longyearbyen. Foto: Jaume Flexas

O día seguinte foi básicamente adicado á loxística, antes de que chegaran o resto dos compañeiros. A primeira tarefa do día: alquilar un rifle para protección contra osos polares; nas illas Svalbard está prohibido saír dos pobos ou das bases científicas senón levas un rifle (balas de calibre mínimo 30-06 e cabeza expansiva). Os osos polares están protexidos e o uso do rifle restrínxese para a defensa en caso de ataque. A dependenta da tenda sacou uns rifles, que dada a nosa pouca experiencia en armas e vendo a madeira chea de golpes da culata pareceunos un aparello revello en comparación con outros cos que habíamos estado entrenando. Mandei unha foto por wassap do rifle a un amigo con experiencia neste eido do Porto do Son para que me asesorara no asunto, respondeume: -Menuda xoia! Un rifle tipo máuser K98 alemán! Saleuche a xogada perfecta!. Quedamos pampos mirándonos o un para o outro, investigamos e os soviéticos cando gañaron a II Guerra Mundial fíxeronse con millóns destes rifles, que logo reusaron e venderon e que aínda hoxe siguen activos cunha calidade excepcional ao parecer. Esperamos non ter que comprobalo.

Rifle Mauser K98 alemán que rentamos para protección contra os osos polares no caso de sofrir un ataque. Foto: Jaume Flexas

Balas calibre 30-06 empregadas nos rifles, se vos fijades a cabeza da bala ten a punta recortada, eso fai que ante calqueira impacto a bala abrése sendo moito máis mortal o seu efecto. Foto: Xurxo Gago.

Tras a nosa experiencia antártica dos últimos anos, as Svalbard no Ártico parecen as Seychelles en comparación, 180 especies de plantas superiores mentras que na Antártida só hai dúas, agora en xullo todas en floración, e nos inmensos vales tornan de cores brancas e amarelas, eiquí tamén vive o arbusto máis septentrional do mundo o Salix polaris (non levanta máis de 5 cm do chan). Ademáis, nas illas Svalbard están entrando especies invasoras dende o sur, dende os continents, que son capaces de adaptarse a estas condicións tan extremas (non é sinxelo para as plantas estar baixo luz continua durante 3 meses ao ano). A capacidade de adaptación, os mecanismos fisiolóxicos e moleculares que se ocultan detras desta capacidade sonnos moi interesantes, ademáis é probable que co quencemento global que está ocurrindo no ártico, estas plantas foráneas poidan ser máis competitivas que as plantas nativas desplazando as comunidades orixinais.

En relación co cambio climático no Ártico, un non se pode sequencer do “permafrost” (o chan que sempre está conxelado). Na nosa andaina localizando plantas chegamos ao famoso cemiterio de Longyearbyen, este cemiterio fíxose famoso, porque no ano 1998 unha campaña científica canadiense dirixida pola agora ministra de ciencia do Canadá Kirsty Duncan tratou de atopar o virus letal da gripe española de 1918 que provocou unha pandemia no mundo, que durante a Primeira Guerra mundial matou entre 20-40 millóns de persoas. A idea era aislar o virus para tentar estudiar cómo puido mutar para ser tan letal, e así estar preparados coas vacunas apropiados por se outra vez sucedía algo parecido poder salvar a vida de millóns de persoas. Este equipo de científicos enterarónse coa axuda dun profesor da escolar de Longyearbyen que nos rexistros da empresa da mina, na primeira semana de outubro de 1918 chegara un barco dende Francia e que no camiño enfermaran varias persoas que ían aló para traballar na mina, ao chegar ao pobo aislouselles no hospital para finalmente morrer sete deles uns días despois pola gripe española.

Observando el famoso cementerio de Longyearbyen (Illas Svalbard, Noruega). Foto: Xurxo Gago.

Cementerio de Longyearbyen (Noruega, Illas Svalbard). Foto: Xurxo Gago.

E alí estábamos nós, buscando plantas invasoras ao lado das supostas tumbas desta pobre xente enterrados ao fondo do cemiterio.

No ano 1998 o equipo de científicos desplazouse ata este cemiterio para comprobar se os corpos (e os virus) estaban conservados no permafrost, é dicir, que despois de 80 anos aínda poderian estar perfectamente conservados, tomando todas as precaucións posibles para non abrir a caixa de Pandora. Finalmente, localizaron os corpos pero non estaban enterrados tan fondo coma para estar incluidos no permafrost e por tanto o seu estado de descomposición fixo imposible aislar o mortal virus.

Curiosamente, neste mesmo lugar tamén gracias ao permafrost, está o que lle chaman o Arca da Vida ou o Banco Global de Semillas de Svalbard, onde adaptaron unha mina de carbon na que a temperatura media é de -18ºC, unha inmensa caixa forte ou unha copia de seguridade de todos os bancos de semillas de cultivos do mundo. O motive é ter nun lugar aillado, que se autoconserva sen enerxía externa, libre dun desastre natural ou dunha acción do home (guerra nuclear, por exemplo) por se sucedera unha especie de apocalipsis. Nesta Arca da Vida gárdanse na actualidade 930.000 sementes de máis de 4.000 variedades de cultivos e ten capacidade total para 2.500.000 sementes, noutras palabras un seguro para comezar de novo. Sen embargo, o ano pasado socedeu algo co que non contaban, foi tan quente en todo o planeta, que o Arca tivo problemas, o permafrost comezouse desconxelar e comezaron a inundarse salas e galerías. Calcúlase que se o permafrost da zona ártica e subártica desconxélase, a descomposición de toda a materia orgánica que estaba conxelada incrementara os gases de efecto invernadoiro favorecendo aínda máis o cambio climático.

É curioso coma un lugar tan afastado de todo pode sen embargo ser tan relevante para o mundo.

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here