Do Polo Sur ao Polo Norte

1
26575

Cinco meses despois da campaña de investigación na Antártica voltamos a facer maletas, embalar equipos científicos e todo o material de laboratorio que necesitamos para a nosa próxima campaña: o alto Ártico nas illas Svalbard (Noruega). O Ártico e a Antártida se ben a simple vista ambos son desertos conxelados non poderian ser máis diferentes entre sí, a Antártida é o último continente salvaxe (onde só recentemente hai presencia estable humana) aillado polos vastos oceános, mentras que o Ártico non é un continente senón un oceáno conxelado con numerosas illas que á súa vez están rodeadas por continentes. Outra diferencia importante é que a Antártida é moito máis fría que o Ártico. Todos estes factores fan que haxa un maior número de especies de flora e fauna no Ártico que na Antártida. Por exemplo, na Antártida só hai dúas especies de plantas superiores mentras que no Ártico hai máis de 100!. No Ártico non atoparemos os simpáticos pingüíns pero sí osos polares, morsas e renos que non viven na Antártida.

Fotografía: Stein-Rune Karlsen

Esta maior biodiversidade no ártico é para o noso grupo de investigación da Universidade das Illas Baleares moi interesante, estamos estudiando plantas que son capaces de sobrevivir nos ambientes máis extremos do planeta, tentando entender qué mecanismos activan para sobrevivir e crecer en ambientes tan desfavorables para a vida. Cremos que esta información pode ser moi útil para deseñar no futuro estratexias de mellora dos cultivos contra o clima máis extremo que está predito polo cambio climático.

Fotografía: Stein-Rune Karlsen

Así que dirixímonos para Longyearbyen, a capital das illas Svalbard, 78ºN, o pobo máis o norte do mundo cunha población total de pouco máis de 2.000 habitantes, que principalmente adícanse á minería, e agora cada vez máis ao turismo e á investigación polar. O arquipiélago das illas Svalbard atópase a máis de 600 km aínda máis ao noroeste do cabo Norte de Noruega, cunha extension dun pouco máis de 61.000 km2, equivale a case unhas 20 veces máis grande que a illa de Mallorca. Isto está tan ao norte que as famosas auroras boreales vénse dende alí mirando cara o sur¡. Agora non se poden ver xa que dende mediados de abril ata finais de agosto non se pón o sol, hai 24 h de luz continúa!

No Ártico a segunda quincena de xullo é a época máis cálida, esperamos ter ao mediodía temperaturas entorno aos 6ºC que con ventos medios de 20 km/h implican unha sensación térmica de aproximadamente -1ºC (esto é moito millor que na Antártida marítima que normalmente as sensacións son de -10ºC). Traballar no exterior nestas condicións obliga a ir ben abrigados e a evitar a pérdida de calor tanto como sexa posible, as capas exteriores deben cortar o vento, e sobretodo as capas exteriores deben ser impermeables á auga, tela roupa mollada nestas condicións e acabar rápidamente cunha hipotermia garantizada; cos 40ºC que hai agora en Mallorca estou abafando de só pensar en coller o abrigo de inverno, os polares,aslycras e todas as capas de roupa…

Fotografía: Stein-Rune Karlsen

O Ártico e en concreto as illas Svalbard atopánse nunha situación crítica, o quencemento global está provocando un desxeo xeralizado en todo o Polo Norte, cambiando a vida de todas as especies que alí viven. De feito, gracias as condicións máis favorables hai unha gran preocupación pola entrada de especies de plantas invasoras que poidan desplazar ás nativas.Estas plantas invasoras entran nas Svalbard principalmente pola actividade humana, através da palla para manter o gando, terra para xardinería ou simplemente nas botas e abrigos da xente. Este é un dos nosos principais obxectivos, estudiar o a capacidade de crecemento e a tolerancia ao estrés destas invasoras para estimar se coas futuras prediccións do cambio climático serán unha amenaza para a flora e fauna local, e por iso este proxecto é financiado tamén polo Fondo de Protección Medioambiental das Svalbard así como polo goberno de España.

Fotografía: Stein-Rune Karlsen

En temas de fauna, o oso polar é o artista principal na zona, os osos polares aliméntanse principalmente de crías de foca que atopan grazas ao seu fino olfato agochadas en covas nas plataformas de hielo, sen embargo calcúlase que dende os 70 o retroceso do hielo adiantouse tres semanas, obligando aos osos a cazar en terra firme e dificultando que poidan completar as súas reservas de enerxía que requiren para a hibernación. De feito, o goberno de Svalbard obliga a todas as persoas cando salen dun pobo ou das bases científicas a saír sempre cun rifle mínimo por grupo coma protección contra os osos polares, así que outra cousa que tivemos que facer para esta campaña foi obter o permiso de armas e aprender a manexar un rifle. Esto é unha dificultade logística importante para a campaña, xa que cando saiamos na procura ou a medir as especies que nos interesan, un de nós coma mínimo ten que estar sempre co rifle vixiando que non apareza un oso mentras os outros traballan.

Sendo ésta a nosa primeira experiencia no Ártico, non sabemos moi ben o que nos vamos a atopar e cantoo clima e mailos osos nos deixarán traballar, pero o que sí é certo e que xa estamos perto de averígualo. Esta noticia saeu na Voz de Galicia, onde tamén tedes máis información e fotografías sobre esta campaña científica no polo norte.

Compartir
Artículo anteriorArchivo de la denuncia a la directiva de la comunidad de montes de Baroña
Artículo siguienteBaixo o Sol de Medianoite
Desde pequeño siempre fui aficionado a la naturaleza, pasando mis tardes metiendome por donde pudiera en medio del monte y la playa. Así que mi afición traté de hacerla en serio y acabé la carrera de Biología en el año 2003. En la actualidad, estoy realizando la tesis doctoral en el lab. de Biotecnología Vegetal de la Universidad de Vigo. Desde hace tres años presido AXENA, mi trabajo en la asociación está centrado en la coordinación de las diferentes disciplinas que conforman nuestros proyectos, su gestión y claro está, en el área de naturaleza.

1 Comentario

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here