Los Bloggers de Axena

Artículos y noticias sobre el medio ambiente

Finde agotador: rutas por los vertidos del río Tea y declaración de las Covas do Folón como Monumento Natural

Me ha llegado la siguiente información:

“O próximo sábado 13 de Setembro o Grupo Ecoloxista Adenco organiza un roteiro a pé polos vertidos do Río Tea en Ponteareas.
Na zona urbana do Río Tea en Ponteareas son frecuentes os vertidos ao Río Tea. Para coñecelos, para difundir a problemática, para esixir unha solución xa, para… Por iso este roteiro, para que se evidencie o problema, como un acto máis do programa das Festas de Setembro.
O roteiro é de dificultade baixa, accesible a nenos e maiores e partirá ás 17:30h da Ponte de San Roque e irá até á Moscadeira, onde se sitúa a “depuradora” de Ponteareas. No corto traxecto hai vertidos continuos ou puntuais en San Roque, detrás do Restaurante El Otro Mundo del Tea, na desembocadura do Río Xinzo, na praia da Moscadeira, na depuradora, outros dous puntos de vertido augas abaixo da depuradora, … Ten unha duración prevista de dúas horas.
Adenco demandará unha vez máis ao Concello de Ponteareas unha solución urxente a este problema, de responsabilidade unicamente municipal.
O roteiro é unha actividade libre e gratuita do Grupo Ecoloxista Adenco, na que non é necesario apuntarse previamente, e aberto a nenos e maiores”.

Si estais interesados podeis contactar aquí:

GRUPO ECOLOXISTA ADENCO
Asociación para a Defensa da Natureza do Condado
Apartado de Correos 132.
36860. Ponteareas
Pontevedra
www.adenco.org
adencotea@yahoo.es

Y también, actividad para que las Cuevas de Folón sean declaradas Monumento Natural por parte del Clube Espeleolóxico Maúxo (cosa en mi opinión merecidísima, esta cuevas son uno de los grandes monumentos de Galicia y de gran singularidad de Europa).

“O Clube Espeleolóxico Maúxo, despois de diferentes campañas para conseguir que as Covas de O Folón (Coruxo, Vigo) sexan declarada Monumento Natural, co fin de protexer toda a paraxe do río da Rega, que fai posible a súa existencia, propoñemos, ás diferentes organizacións sociais e ecoloxistas de Vigo e comarca, unha xornada informativa – reivindicativa, para que coñezades todo o potencial deste lugar, o próximo sábado 13 de setembro.Lugar:• Centro Recreativo Artístico e Cultural de CoruxoEstrada Camposancos 226, Vigo – PontevedraPreinscripción:• Data límite: 05/09/2008• Vía mail (mauxo@mauxo.com), indicando asociación a que representa,nome, apelidos, enderezo e teléfono de contacto.Número máximo de participantes:• Máximo 2 persoas por asociaciónPROGRAMA10:00 Apertura e benvida (Rosa Suarez e Tereixa Otero)10:10 ¿Qué é o pseduocarst? (Marcos Vaqueiro)● Presentación: Granite Pseudokarst – Vercors 2008. Cave Protection Workgroup.Federation Speleologique de l’Union Europeenne10:30 ¿Qué é o Folón? (Rei Costas e José Miguel López)● Video programa Natureza – TVG● Presentación: Visita virtual ao Folón. ICGC-2007. Clube Espeleolóxico Maúxo.11:00 Alicerces pra declaración de O Folón como Monumento Natural● Valores xeolóxicos, xeomorfolóxicos e mineralóxicos (Juan Ramón Vidal Romaní)● Valores arqueolóxicos (Eduardo Méndez e José B. Costas)● Valores naturais (Miguel García)● Valores antropolóxicos – patrimonio inmaterial (Tereixa Otero)12:30 Impresións públicas. Charla – coloqui. (Modera: Xavier Groba)13:00 Excursión ata o Folón, subida polo camiño do Gato. Roteiro silencioso.14:00 Xantar na dolina15:00 Visita: Zona da absorción; Canles exocársticas-Dolina Central; Cova Grande; O curso medio dacova; A resurxencia e a súa fraga20:00 Sinatura do manifesto de apoio ao expediente de declaración de O Folóncomo Monumento Natural”.

Así que iros preparando!!!

Datos del post

Fecha
septiembre 9th, 2008

Autor
xurxo

Deja tu comentario