Jornadas Micológicas en Mondariz Balneario

2
172

Os anuncio la información que me han enviado sobre las Jornadas Micológicas que organiza este año la asoc. ecologista Adenco:

19ª Edición das Xeiras Micolóxicas do Condado entre o 25 de Outubro e o 10 de Novembro

DEZANOVE ANOS “COÑECENDO PARA CONSERVAR”
Adenco organiza as Xeiras Micolóxicas do Condado entre o 25 de Outubro e o 10 de Novembro
O Grupo Ecoloxista Adenco, membro da Federación Ecoloxista Galega, organiza entre os próximos 25 de Outubro e o 10 de Novembro a 19ª edición das Xeiras Micolóxicas do Condado.
O conxunto de actividades extenderase polos concellos de Mondariz Balneario e Ponteareas, durante tres fins de semana consecutivos, nos que os afeccionados á micoloxía poderán acercarse a desfrutar da súa afección.
Co lema “coñecer para conservar”, os ecoloxistas pretenden chamar a atención, unha vez máis, da riqueza micolóxica da Comarca, en especies comestibles e noutras, que desempeñan unha función esencial no ecosistema no que habitan.

Cartel das XIX XEIRAS MICOLÓXICAS DO CONDADO 2008
As actividades comezarán a próxima fin de semana en Mondariz Balneario, co seguinte programa:

SÁBADO 25, ás 10:00h, con saída dos soportais do Concello, roteiro micolóxico guiado polos montes da zona.
A partir das 19:30h, na Biblioteca do Concello, obradoiro de identificación de cogumelos, a cargo de membros do Grupo Ecoloxista Adenco.
DOMINGO 26, a partir das 11:00h, apertura da exposición anual de cogumelos, con actividades paralelas, como visitas guiadas ou xogos para os máis pequenos.

Luns micolóxicos
As Xeiras complétanse cos luns micolóxicos, que serán un punto de encontro para os afeccionados á micoloxía que desexen resolver as súas dúbidas en canto á identificación de cogumelos.
Preténdese crear un lugar de encontro entre os afeccionados, para que despois de cada fin de semana, poidan resolver as cuestións que se lles plantexen. Serán os luns 27 de Outubro e 3 e 10 de Novembro, a partir das 21:30h na Casa da Triga de Ponteareas.
ADENCO
www.adenco.org – adencotea@yahoo.es

Compartir
Artículo anteriorLos lobos de Mazaricos
Artículo siguienteJornadas de Cine en Caixanova
Desde pequeño siempre fui aficionado a la naturaleza, pasando mis tardes metiendome por donde pudiera en medio del monte y la playa. Así que mi afición traté de hacerla en serio y acabé la carrera de Biología en el año 2003. En la actualidad, estoy realizando la tesis doctoral en el lab. de Biotecnología Vegetal de la Universidad de Vigo. Desde hace tres años presido AXENA, mi trabajo en la asociación está centrado en la coordinación de las diferentes disciplinas que conforman nuestros proyectos, su gestión y claro está, en el área de naturaleza.

2 Comentarios

  1. Ola!
    Grazas por colgar esta info. As primeiras actividades das Xeiras xa foron este pasado finde en Balneario. Pero continuamos, con máis actividades, en Ponteareas e Fozara-Ponteareas os próximos findes. Podedes consultar o programa completo en http://www.slideshare.net/botadechaplin/programa-das-19-xeiras-micolxicas-condado-presentation?type=document
    Ademais, en http://turismodepontevedra.blogspot.com/, e non é por facer publicidade, tamén hai información da actividade.
    En fin, o que queira acercarse ao mundo dos cogumelos, dun xeito lúdico e sostible, benvido é. Tamén están os luns micolóxicos, para os que recollades cogumelos durante o fin de semana e queirades respostas ás vosas preguntas.
    Un saúdo!

    anxo

  2. Hola soy michi habia perdido las direcciones y correos que me dejaste… bueno te acabo de mandar un correo a la direccion de contacto de la asociacion, espero que los puedas leer de todos modos aqui te dejo mi dirección de correo

    dh.michisolino@gmail.com
    o bien
    michisolino1@hotmail.com (Esta para el messenger)

    Bueno me despido

    Un saludo

    Je je que chulos los carabos aun recuerdo cuando encontramos aquellos dos nidos cerca del cuvi…el del parque forestal y aquel que perdido en el bosque de eucaliptos antes de la circunvalacion

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here