Los Bloggers de Axena

Jornadas Micológicas en Mondariz Balneario

Os anuncio la información que me han enviado sobre las Jornadas Micológicas que organiza este año la asoc. ecologista Adenco:

19ª Edición das Xeiras Micolóxicas do Condado entre o 25 de Outubro e o 10 de Novembro

DEZANOVE ANOS «COÑECENDO PARA CONSERVAR»
Adenco organiza as Xeiras Micolóxicas do Condado entre o 25 de Outubro e o 10 de Novembro
O Grupo Ecoloxista Adenco, membro da Federación Ecoloxista Galega, organiza entre os próximos 25 de Outubro e o 10 de Novembro a 19ª edición das Xeiras Micolóxicas do Condado.
O conxunto de actividades extenderase polos concellos de Mondariz Balneario e Ponteareas, durante tres fins de semana consecutivos, nos que os afeccionados á micoloxía poderán acercarse a desfrutar da súa afección.
Co lema «coñecer para conservar», os ecoloxistas pretenden chamar a atención, unha vez máis, da riqueza micolóxica da Comarca, en especies comestibles e noutras, que desempeñan unha función esencial no ecosistema no que habitan.

Cartel das XIX XEIRAS MICOLÓXICAS DO CONDADO 2008
As actividades comezarán a próxima fin de semana en Mondariz Balneario, co seguinte programa:

SÁBADO 25, ás 10:00h, con saída dos soportais do Concello, roteiro micolóxico guiado polos montes da zona.
A partir das 19:30h, na Biblioteca do Concello, obradoiro de identificación de cogumelos, a cargo de membros do Grupo Ecoloxista Adenco.
DOMINGO 26, a partir das 11:00h, apertura da exposición anual de cogumelos, con actividades paralelas, como visitas guiadas ou xogos para os máis pequenos.

Luns micolóxicos
As Xeiras complétanse cos luns micolóxicos, que serán un punto de encontro para os afeccionados á micoloxía que desexen resolver as súas dúbidas en canto á identificación de cogumelos.
Preténdese crear un lugar de encontro entre os afeccionados, para que despois de cada fin de semana, poidan resolver as cuestións que se lles plantexen. Serán os luns 27 de Outubro e 3 e 10 de Novembro, a partir das 21:30h na Casa da Triga de Ponteareas.
ADENCO
www.adenco.org – adencotea@yahoo.es

Salir de la versión móvil