Mecenado distribuido en GCiencia

1
2926

science_crowdfunding

GCiencia es un proyecto de divulgación de la ciencia en Galicia. La verdad es que nada más empezar ya engancha, y me he leído unos cuantos de sus artículos que estos días aprovecharé también para recomendar en este blog que me han parecido muy interesantes. Ahora estoy obligado a linkear uno de ellos, titulado «Mecenado distribuido en GCiencia» de Manuel Gago con el que ya hemos hecho varias colaboraciones anteriormente. En él se hace una reflexión de la necesidad de la ciencia social, ciencia civil, es decir, fuera de las instituciones académicas. Esta idea es más que necesaria para conseguir una sociedad innovadora y competitiva, y más interesada en ciencia en todos los niveles. Pero claro está, ahí tenemos el problema de la financiación! Curiosamente, existen muchos proyectos de crowfunding habitualmente muy vinculados con disciplinas humanísticas, pero rara vez científicas. Parece como si las organizaciones sociales dedicadas al estudio científico y a la divulgación, además de ser pocas, no fueramos capaces de una mayor integración social, de realizar proyectos en los que la gente se involucre directamente de una forma u otra, o que tengan una repercusión tal que pudieran ser financiados socialmente. Muy probablemente esto sea un gran indicador que vivimos alejados del lenguaje y el día a día de las personas, tanto es así, que no somos capaces de involucrarlos.

scientist_broader_public

 

En este sentido, sorprendentemente nos mencionan en este artículo, como referencia para la realización de ciencia con pocos recursos y sin embargo necesaria para divulgar y defender nuestro patrimonio natural. Muy agradecidos a Manuel por sus amables palabras y su reflexión en general.

Aquí os dejo el artículo:

 

Andan os nosos fluxos de Facebook e Twitter ateigados de propostas de mecenado a través de crowfunding ou crowdsourcing. Se ben é certo que a efervescencia destas vías de financiamento no noso país para os proxectos, sobre todo culturais, ten moito que ver coas difíciles circunstancias de financimento a través doutras vías, non o é menos que a corrente comezou precisamente en países onde a cultura do mecenado é máis frecuente e habitual desde tempos ben anteriores á crise económica.

Viu o crowfunding para quedarse? Sen dúbida, aínda que cambiará o alcance e a práctica, cara  un número máis equilibrado que o actual, especialmente cando o crowfunding supere a ética da caridade e do “que é filosoficamente necesario” e se convirta nunha modalidade comercial de compra en primeur ou en avance, como acontece desde hai moitos anos no mundo do viño coas mellores marcas de Burdeos, por exemplo, ou destinada a atender produtos que a industria cultural non está disposta ou non quere producir, pero que teñen un público máis abundante do que se prexuíza.

Se cadra sexa un espellismo derivado da composición das miñas redes sociais (máis humanísticas que técnicas) pero para escribir este artigo dinlle un repaso rápido aos proxectos financiados con éxito en plataformas de crowfunding con gran difusión en Galicia, como Verkami ou Goteo. O paseo polo altruísmo electrónico permitiume comprobar a case inexistencia de proxectos de desenvolvemento de carácter técnico, de ciencias naturais e exactas, e a conseguinte gran preponderancia de proxectos humanísticos que se plasmaban en produtos concretos: libros, discos, ou accións de carácter social (produción de programas de radio comunitaria, etc.). A pregunta é por que están ausentes amplos ámbitos da investigación, moitas veces apegada ao territorio, deste tipo de iniciativas.

E velaquí entra, ao meu ver, un factor importante. En Galicia boa parte da ciencia e os axentes científicos están vinculados monoliticamente ás universidades e centros públicos de investigación. E moitas veces estimamos que o gasto científico é elevado ou debe ser elevado porque pensamos coa estrutura dun proxecto de investigación trianual. Asociamos financiamento científico a nómina, contrato e equipamento. É certo que isto é indispensable, pero non é o modelo exclusivo, hai máis e para diferentes fins que non se están a abordar.

Precisamos grupúsculos de ciencia, asociacións que emprendan proxectos que aborden epifenómenos e non só custosas tarefas de profundidade

Hai e debe haber ciencia fóra da Universidade. Ás veces atópase en puntos insospeitados e, ademáis, precisámola como auga de maio para conseguir que a cultura científica capilarice nesta calcificada estrutura social que temos. É é ciencia low cost, que máis que investigación pura presta atención a temas como a colaboración, a difusión, o censo, a supervisión e vixilancia do territorio. Unha ciencia de vocación non só local, senón localista, de proxectos de demostración, de aplicación de I+D, de documentación. Precisamos grupúsculos de ciencia, asociacións de ciencia que emprendan proxectos que aborden epifenómenos e non só custosas tarefas de profundidade, que exerzan de ponte, de intercambio e de intérpretes da estrutura científica universitaria e a cidadanía. Isto é moito máis habitual nas humanidades, por causas históricas, pero escaso e único no ámbito das ciencias técnicas. Precisámolo porque mesmo en colectivos concienciados, a ciencia en Galicia interesa ben pouco. Nos medios dos que coñezo un pouco a audiencia, a ciencia -especialmente ese artigo en clave lamento financeiro no que un científico exonera á poboación das desgrazas futuras do estado actual- resulta sempre das noticias menos lidas das edicións diarias.

Hai anos, a asociación xuvenil AXENA, conformada por un grupo interdisciplinar de amigos do Barbanza nos que se mesturaban doutores en Bioloxía, enxeñeiros técnicos, xardiñeiros, garda civís e publicistas emprenderon varios proxectos de demostración, realizando unha innovación moi básica e low cost en técnicas de filmación de animais salvaxes, compartindo coñecementos entre uns e outros. Cansos da burocracia e o papeleo da subvención autonómica, decidiron perder ese tempo en procurar outras fontes de financiamento. Nokia financioulles proxectos de desenvolvemento tecnolóxico e persuadiron ás pequenas empresas tecnolóxicas da zona para obteren materiais e equipamentos. Dos seus experimentos de divulgación de natureza documentouse e informouse no Barbanza do expolio de niños de aves salvaxes, xenerouse colaboración entre cetreiros e forzas de seguridade (que non se coñecían entre eles) para deter o furtivismo e mesmo desveláronse os numerosos puntos negros do comportamento da Xunta e Medio Rural nas actuacións e aniquilacións das poboacións de lobos e híbridos no Barbanza, argumentando e contraargumentando con solvencia científica algunhas das afirmacións elusivas que se dixeron no seu momento e que, noutras circunstancias ou noutros lugares sen asociacións similares, terían quedado sen resposta.

Do exemplo anterior resúmese o que quería expresar neste artigo: a ciencia non só necesita de grandes orzamentos, senón de moitas pequenas colaboracións, que estendan a súa sensibilidade máis alá das nóminas precisas para o funcionamento dos grupos de investigación e permitan á sociedade comprender por qué nos é tan necesario investir en ciencia para o futuro do noso país. Gustaríame que no futuro Verkami ou Goteo contaran con proxectos de difusión de astronomía, de inventarios xeolóxicos ou florísticos, ou de análises metereolóxicos. Que ensinaran á sociedade que a ciencia é, precisamente, todo aquelo que nos rodea.

1 Comentario

  1. Real como la vida misma, el flujo de financiacion ha CAPADO (si, asi con mayusculas) la mayor parte de opciones de trabajo de entidades pequeñas o medianas. Proyectos que no son ciencia aplicada para los gestores. Pequeños proyectos de conservacion, ¿quien se va a plantear restaurar una charca?, como dice Manuel proyectos botanicos, de inventario de patrimonio, etc, etc..
    Al final parece que solo hay opciones para proyectos de mas de un millon de euros como los LIFE, o pagarse uno mismo los proyectos.

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here