Asesinos de Lobos en el Barbanza (XVI): El Salvaje Oeste

0
3194

Ayer me pidieron un artículo de opinión para La Voz de Galicia edición Barbanza, dando mi opinión sobre los últimos acontecimientos que encontramos este fin de semana en el monte. Encontramos tres perros muertos, dos de ellos cerca de la famosa finca de los lazos, donde todo comenzó hace ya mes y medio. Estos perros muertos simbolizan un problema mucho mayor, el de una profunda falta de respeto por el resto por la naturaleza y el resto de seres vivos, exhibiendo una crueldad tan integrada en la comarca que hace recordar tiempos pasados y oscuros. Aquí os lo dejo:

O Salvaxe Oeste


E non me refiro as pelis de “cowboys” e indios dun domingo pola tarde. Refírome a esta comarca nosa, onde parece que calquera pode exercer de xuíz e verdugo na natureza, facer xustiza e axustizar o noso patrimonio natural ó seu antollo saltándose o sentido común e as leis básicas de medioambiente. Dende o colectivo conservacionista AXENA esta fin de semana, como tantos outros dende que apareceron os lazos e os lobos mortos nunha finca de Mosquete (Boiro) seguimos pateando monte na procura da información que a Xunta de Galicia non aporta sobre a súa “desxestión planificada de conservación e preservación da pureza xenética” do lobo eiquí.

Fai dous días, atopamos dous cans mortos ós pés da mencionada finca dos lazos onde todo comezou, e un terceiro, un que parece raza “pointer” do outro lado da Serra no monte das Torres do Inxerto. Os Axentes Medioambientais e o SEPRONA personáronse para examinar os restos. O seu elevado estado de descomposición non nos permitiu coñecer a causa da morte, pero neste caso, non foron os lazos que deixan unhas marcas inconfundibles na piel. Quizáis a causa foran tiros ou venenos que son ben comúns aínda por desgracia por aquí.

Estes cans mortos e os lobos nos lazos, sinalan un problema moito maior na comarca, que hai quen se cree que o monte é seu, que hai criminales que pensan que poden actuar con total liberdade torturando animais e a biodiversidade. E non é así. O monte e a natureza é de todos, un dereito e un deber ó mesmo tempo,  un dereito que tódolos cidadáns e seres vivos temos para vivir e desfrutar nel, e é un deber para consérvalo para nós e as xeracións futuras. Hai un refrán que di algo así como que: “cada ún ten o que se merece”. Espero que a nosa sociedade, que nós, sexamos capaces de poñer as medidas para que non nos merezamos un monte cheo de laceiros, escopeteiros, foraxidos e criminales ambientais de todo tipo rexidos pola lei do máis forte, de quen dispara antes.


Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here