Los Bloggers de Axena

Xeiras Micolóxicas en Salvaterra este fin de semana

La organización ecologista ADENCO me ha mandado la información de las actividades relacionadas con la micología (o sea hongos y sus frutos las setas):

Durate a próxima fin de semana, dentro da programación das XX Xeiras Micolóxicas do Condado, o Grupo Ecoloxista Adenco realizará diferentes actividades no Concello de Salvaterra.

O sábado pola mañá, ás 11:00h, e desde a Casa de Cultura, partirá un roteiro micolóxico polos montes próximos. O obxectivo que se pretende é dar unhas nocións básicas sobre micoloxía, tratando de diferenciar as partes do cogumelos, dando as indicacións oportunas para recollelos, conservalos e mesmo cociñalos.

Na tarde do sábado, a partir das19:30h, e tamén na Casa da Cultura, terá lugar un obradoiro de identificación de cogumelos. Cos cogumelos diante daranse as indicacións oportunas para poder identificar facilmente algúns deles. Coas indicacións oportundas pódense identificar varias familias e moitas especies, algunhas excelentes comestibles. Tamén, e sobre todo, daranse os consellos oportunos para identificar as especies velenosas, tóxicas e perigosas.

Durante o domingo, a partir das 11:00h, e no parque da Canuda sempre que o tempo o permita, instalarse unha exposición cos cogumelos recollidos no día anterior.

Adenco continuará as súas actividades durante a seguinte fin de semana en Mondariz Balneario, con varios actos, entre os que se atopa a presentación da revista “20 anos de Xeiras Micolóxicas” e que servirá tamén para conmemorar o aniversario.
_______________________________________________
GRUPO ECOLOXISTA ADENCO
Asociación para a Defensa da Natureza do Condado
Apartado de Correos 132.
36860. Ponteareas
Pontevedra
www.adenco.org
adencotea@yahoo.es

Salir de la versión móvil